• Hoxe 21º 2
  • Sábado 19º 11
  • Domingo 18º 3

Allonca, Santa María de

A parroquia de Santa María de Allonca ten una poboación de 30 habitantes,que se atopan agrupados en 11 entidades de poboación: A Allonca, A Allonquiña, A Braña, A Ferrería, Frontal, A Muiña, Pántaras, Quintela, O Relaio, A Trousa e A Travesa.

Algúns datos salientables desta parroquia son: ​

Extensión: 11,2 km2

Coordenadas:

               Latitude: 43º10’

               Lonxitude: 6º59’

Límites da parroquia:

               Norte: Lamas de Campos.

               Sur: Fonfría e Monteseiro.

               Leste: Principado de Asturias.

               Oeste: Bastida.


A Allonca

A Allonca dista da Fonsagrada 15 km e medio, e está a 530 m de altitude. Pódese visitar: O Dolmen da Casía da Arquela , que é un dolmen de cámara poligonal. Igrexa parroquial: Data do século XVIII. Caracterízase por ter planta de cruz grega de 15x15m. rematado nun ábside de forma semicircular. Na fronte dispón dun pórche e a ámbolos dous lados da nave central un almacén e unha sancristía. As paredes son de pedra de xisto con restos de encalado. A cuberta e de Lousa. Interiormente ten un retablo principal de madeira e tres santos, e outros dous nas capelas laterais, con algunhas pinturas murais.
Castro de Penas do Castro.
Casa Grande: Trátase dunha construción de planta rectangular de 14 x 16m. Consta de semisoto, planta baixa, piso e baixo cuberta. Cuberta a catro augas. As paredes son de pedra de Xisto, posteriormente encaladas na planta baixa e no piso. As carpinterías son de madeira, dispón de algúns dinteis en arco.
Hórreo da Casa Grande: Trátase dunha construción de planta rectangular de 7x 5m. Muretes de pedra na base e seis pes de madeira. Estrutura e cerramento de madeira sen corredor. Cuberta a catro augas.
Casa de Campón: É unha construción de planta rectangular de 14 x 14m., sen ningún tipo de beiril, agás os da cuberta. Acceso por tres niveis diferentes. Constitúe una edificación moi tipolóxica. As paredes son de pedra de Xisto, os dinteis de madeira, e a cuberta a tres augas de lousa. Carpinterías de madeira. É moi volumétrica con apenas un xesto saledizo na parte outo das parades para facer o beiril da cubertacon tres niveis; un entrada e lareira, outro máis abaixo para as cortes e o máis outro para os dormitorios. Paredes de carga de Xisto con xunta seca. Cuberta a tres augas de lousa. Estrutura dos forzados de madeira.
 

A Allonquiña

Núcleo rural coas casas relativamente separadas e con moitas árbores frutais. Está formado por unhas vinte casas, una capela e unha pequena escola. Esta nun camiño sen saída con orientación o leste cunha forte pendente. Actualmente esta practicamente abandonado, agás un uso esporádico nas vacacións. Destacan o lugar de Vilarello a 500 m. do núcleo e a casa do Relaio. A escola foi feita no ano 1.955 con diñeiro de emigrantes arxentinos e veciños de Allonquiña. Moitas casas abandonadas foron compradas recentemente polo pintor Monteserín, residente en Madrid e propietario da casa grande da Allonca. Na capela existía unha soberbia escultura de Santiago matamouros, que actualmente se atopa na casa grande de Allonca. Está a 17,300 km de A Fonsagrada e a unha altura de 445 m.

Pódese visitar:

Capela.
Palleira.
Hórreos.
Casa de Relaio: é unha agrupación lineal de edificacións de uns 70 x 15m. que comprende a casa, o hórreo, taller, torre, pendellos, estanque, aira, pozo, etc. Esta parcialmente cercado e dispón de portalón.
Fonte.
Ruta dos pintores.
A mina romana da Allonquiña.

A Braña

Está a 12 km de A Fonsagrada.

A Ferraría

Está a 11,4 km de a Fonsagrada, e está a unha altitude de 780 m. Pódese visitar o muíño.

Frontal

Pódese ver a casa da Valiña.

A Muíña

Está a 13 km de A Fonsagrada. Pódese ver a casa de Allonca.

Pántaras

Está a 12,3 km de A Fonsagrada e está a unha altitude de 640 m. Pódese ver: Capela de San Xosé.
Casa de Bueno: Trátase dunha construción de planta rectangular de 12 x 12 m. en forma de L. A casa pasa por derriba dun camiño público, salvando o vano con unhas vigas de madeira. Esta construída con muros de carga de pedra de xisto, de diferentes características. Tódalas xanelas son das coñecidas como “portas de aire”, realizadas en madeira , no baixo cuberta dispón de óculos para ventilación. O Forno e o hórreo son dúas magnificas construcións illadas.
Casa de Redondo.
Casa de Rodríguez.

Quintela

Pódese ver a única casa da poboación asturiana de Quintela que pertence ao Concello de A Fonsagrada.

O Relaio

Está a 12 km de A Fonsagrada. Pódese ver a casa do Relaio.

A Trousa

Está a 9,8 km de A Fonsagrada e a unha altitude de 460 m. Pódese ver: Capela da Casa de Dona Vicenta: É unha construción de planta rectangular de 6 x 10 m. Dispón de un pórche con arco de medio punto.É unha Igrexa dun tamaño entre a capela popular e a Igrexa parroquial. Volumetricamente está dividida en dous corpos con alturas diferentes, un a dúas augas e outra a catro. Ten un pequeno campanario. Interiormente está caleada e pintada. O moble máis importante e o altar decorado e policromado.
Hórreo da Casa de Dona Vicenta: É unha construción de planta rectangular de 5x 5 m. sen corredor. Con estrutura e cerramento de madeira. A cuberta e de lousa a catro augas. Apoios sobre columnas de xisto para aumentar altura e servir de almacén cuberto de herba seca.
Casa de Dona Vicenta: Ten uns 400 anos. É unha agrupación formada por varias edificacións e a máis importante é a casa. Esta parece o resultado de sucesivas ampliacións, unha serie de espazos exteriores complementan os interiores. Pedra de xisto nas paredes de diferentes calidades, lousas na cuberta e carpinterías de madeira e aluminio no resto.
Casa de Llano.
Hórreo da Casa de Penelo (Balbín):  Construción de planta cadrada de 5 x5 m., con estrutura e cerramento de madeira sen corredor . O teito e cónico, de palla de centeo e uces a “o veo” que cubre todo o hórreo rematado con unha ola cerámica. A cuberta é renovada polo propietario cada catro ou cinco anos. Os pes son de madeira sobre basamento de pedra ao gallo de conserir altura para almacén.
Casa do Soldado:  É unha agrupación formada polas seguintes edificacións: casa, hórreo, varios pendellos, cercados por muro de pedra con portalón de entrada; unha torre moi próximo ao anterior, varios accesos dende o exterior. Muros de xisto, cuberta de lousa a 4 augas e estrutura de madeira.

A Travesa

Situada a 11,5 km de A Fonsagrada.

Cargando...