• Hoxe 21º 2
  • Sábado 19º 11
  • Domingo 18º 3

Pobra de Burón, Santa María da

A parroquia de Santa María Magdalena da Pobra de Burón ten una poboación de 119 habitantes distribuídos en 5 entidades de poboación: O Chao, Milladoiro, A Pobra de Burón, A Cruz Nova e Entrambasaugas.

Algúns datos de interés:

Extensión: 1,20 km2

Límites:

- Norte: San Pedro de Neiro

- Sur: Bastida

- Leste: Bastida

- Oeste: Pacios e Bastida

Historia

A Pobra de Burón foi capital do concello ata o ano 1.835, no que pasou a pertencer ao Concello da Fonsagrada.
O historiador Amor Meilán considera que, de ser verdade, como afirman algúns eruditos, que Juan Osorio, Señor de Burón, loitou en Covadonga ao lado de Don Pelayo, esta sería a primeira referencia histórica sobre o municipio actual.
Segundo García de la Riega a antiga Comarca de Burón foi a zona na que se asentaron, en tempos remotos os “abólgicos”, que serían os nosos antepasados castrexos.

Unha pequena síntese da historia sería:

1.200 (aproximadamente): Fúndase a Vila da Pobra de Burón, posiblemente por Alfonso IX e agrupaba o hoxe serían os concellos de A Fonsagrada e Negueira de Muñiz.
1.265: Unha carta atopada no Mosteiro de Meira mostra que o concello de Burón funcionaba de maneira organizada.
1.450 (aproximadamente): Estas terras están baixo o dominio dos Condes de Trastámara.
1.480: O concello de Burón pasa a mans do onde de Altamira.
Nas revoltas irmandiñas do século XV as xentes de Navia e de Burón aparecen comandadas por Don Pedro Osorio, fillo de Conde vello de Trastámara e irmán do Marqués de astorga.
1.458: Inés de Guzmán era a Señora do Concello e vendeulle ao Conde de Lemos, D. Pedro Osorio, os dereitos administrativos e impostos.
1.480 (aproximadamente): O Señorío de Burón pasou da casa de Lemos á da Condesa de Altamira, Doña Urraca Moscoso. A Casa de Altamira era, por aquel entón, unha das máis importantes de Galicia e administraría o Concello a través dun xuíz ou merino nomeado por eles, gobernando ata principios do século XIX en tódalas terras buronesas, a excepción dos cotos de O Padrón, (onde gobernaba a encomienda de Portomarín), Carballido (Adscrito ao mosteiro de Villanueva de Oscos), e os cotos de Lamas de Moreira e Bustarvelle, que pertencían a familias particulares.
1.480 – 1.485 (aproximadamente): Os veciños de Burón pleitean contra Doña Urraca ao considerar que lles grava demasiados impostos. A Real Cancillería de Valladolid dictaría en 1.490 a sentenza de que tiñan que pagar 12.000 naravedíes ao ano, facer servizos un día ao ano na fortaleza da Pobra de Burón, acudir á guerra cando foran solicitados e diversas donacións de gando. Esta sentenza foi confirmada polos reis Católicos nunha carta executoria, así que o concello viuse obrigado a pagar. Por medio deste pleito Dona Urraca tratou de resarcirse dos efectos da rebelión irmandiña, na que participaron uns 10.000 homes de Burón e de Navia ao mando de Pedro Osorio e destruíron a fortaleza que logo tiveron que reedificar.
1.490: Ademais da sentenza anterior é de destacar o aposentamento nestas terras das familias Montenegro e Páramo.
1.835: pasa a pertencer ao Concello da Fonsagrada.

En canto aos pobos:

O Chao

Pódese ver:

  • Camiño primitivo de Santiago, 6 hórreos con teito de palla e lousa, Igrexa parroquial de Santa Magdalena.
  • Resto da Fortaleza dos Condes de Altamira: É  a torre do antigo castelo. Na actualidade, só se manten en pé unha pequena parte da torre da homenaxe. Os muros de gran grosor son de dúas follas de manposto de xisto, recheo de cachotes e morteiro de barro caleado.
  • A torre foi reedificada polos Moscoso despois da revolta Irmandiña. Por fontes documentadas sábese que o conxunto do castelo tiña varias torres.
  • Capela de San Xosé: Trátase duna construción de planta cadrada, realizada con mampostería de esquisto, e ten o tellado de lousa a dúas augas. No centro da fachada, culminándoa, está o campanario que ten dous vanos arqueados. O maior ten o corpo cadrado; mentres que o que está no segundo corpo do campanario, é de menor tamaño e é un tímpano de forma curva. Da base do campanario, parten dous tramos curvos ata as esquinas da fachada, que é un elemento típico do barroco.
  • Casa reitoral : abandonada
  • Casa do Blanco: Vivenda de planta cuadrangular con un lado de aprox. 15 m. , Estrutura baseada en muros de mampostería de Xisto. Consta de dous muros medianiles interiores sobre os que se apoia a estrutura de cuberta (vigas de madeira), con posterior inripiado e cuberta superior de lousa. Carpinterías de madeira:portas de castiñeiro. O conxunto de vivenda e anexos é de 15 x 25 m.
  • Casa de Barangón, Casa de Barbeiro, Casa do Capador, Casa de Castro, Casa de Consuelo, Casa de Corredoira, Casa de Gabriel, Casa de Gonzais, Casa de Eliseo, Casa de Juanito, Casa de Menores, Casa de Paradiñas, Casa de Silvino, Residencia da Terceira Idade, Casa de Xairo, Casa de Xegunde, Casa de Xairiña.

Milladoiro

Pódese ver:

  • Casa das Casoas e Torre do Concello: Casa de labranza. Conxunto formado por casa de planta rectangular e torre ambas as dúas adosadas. A casa: debido a o desnivel do terreo, accedese directamente a vivenda no primeiro andar. Na planta terrea sitúanse as cortes. Os muros son de mampostería de xisto. É salientable a lumieira con sinxelo arco de descarga na porta do cortello. A cuberta e a dúas augas con cuberta de lousa. Foi prisión en conxunto coa torre. A Torre: ten unha planta cadrada de lado 6.5m. Os muros son de mampostería de xisto; os ocos fórmanse con pedras mais grandes de pedras de granito. A cuberta é a catro augas de lousa. A torre é a parte do conxunto mais antigo.
  • Casa do Pardo: Casa de labranza. A vivenda, de planta rectangular, engadíronse unha palleira e máis construción adxetivas formando un conxunto orgánico; materiais tradicionais, cachotería de xisto revocado nos muros, pisos de madeira e cuberta de enlousado.
  • Hórreo da Casa Grande.- Tratase duna construción de planta rectangular de 5.75x 5.75m. sobre catro pes de madeira que se apoian sobre muros de xisto. A estrutura exterior é de madeira, con un paramento moi ben traballado. A cuberta é a catro augas de lousa.
  • Casa de Alexos, Casa de Benigno, Casa de Boucilla, Casa de Chancreiro, Casa da Fábrica, Casa de Milio, Casa de Nino, Casa de Ovidio, Casa de Pardo, Casa de Valdomuín.

A Pobra de Burón

Pódese ver:

  • Camiño primitivo de Santiago
  • Casa de Toledo: ten unha palleira con teito de palla;
  • Casa de Alvarín, Casa de Bastián, Casa de Cabo, Casa de Fontedosbois, Casa de Gildo, Casa de Martínez, Casa de Rico, Casa de Toxal, Casa de Valdovialres, Casa de Zarralleiro.

A Cruz Nova

Pódese ver: Cemiterio, Casa da Cruz Nova, Casa de Joseíto, Casa de Longinos.

Entrambasaugas

So ten dúas casas

Cargando...