• Hoxe 21º 2
  • Sábado 19º 11
  • Domingo 18º 3

Trobo, Santa María de

A parroquia de Santa María do Trobo ten unha poboación de 152 habitantes distribuídos en 14 pobos: O Trobo, Arquide, Castañeira, A Chousa, O Mazo, Noceda, As Pozas, Reboira, Trasouturo, Vilaframil, Vilamaior, Vilar de Vela, Vilarín do Castelo e Vilarxubín.

Algúns datos interesantes:

Extensión: 21,23 km2

Límites:

- Norte: Carballido, Veiga de Logares e Trapa

- Sur: San Pedro de Neiro

- Leste: Lamas de Campos

- Oeste: Carballido e Maderne.

 

En canto ás poboacións:

O Trobo

Poboación situada a 10 km da Fonsagrada e a 700 m de altitude. Pobo natal do Marques de Rodil.
Pódese ver: Igrexa parroquial, Casa reitoral, Hórreos, Castro “A Coroa do Castro”, Castro “O Castrín”, Fonte, Casa de Casiano.

Arquide

Arquide sitúase a 700 m de altitude e a 9 km da Fonsagrada.
Pódese ver: Capela de San Pedro, Celeiro, Casa de Confurcos, con balcón, celeiro e escudo; Casa da Cal, Casa de Pumarega, Casa de Osorio, Hórreos, Torre de Estébano, Escola, Casa de Frade, Casa de Logares, Casa de Metereo, Casa de Murias, Casa de Regueirín.

Castañeira

Pobo a 11,5 km da Fonsagrada e a 600 m de altitude.
Pódese ver: Capela da Virxe do Carme, Casa de labranza, Mina romana da Casa de Penide / O Portalón, Mina romana de Penedo da Grada, Hórreos, Casa de Cabo, Casa de lombán, Casa de Riba.

A Chousa

A Chousa está a 6,8 km da Fonsagrada e a 650 m de altitude. Pódese ver: Hórreo con teito de palla.

O Mazo

O Mazo está a 12,5 km da Fonsagrada e a 560 m altitude.
Pódese ver:

  • Mazo de Vilaframil.- O conxunto fórmase en función da utilización da enerxía da auga para o muiño a carón do río. Consta da vivenda, unha torre, o muíño e mailo hórreo. Pódese salientar as construcións propias do muíño coma a canle ou o banzado. O muíño ten planta rectangular 10x6 de muros de cachotes de xisto e cuberta a dúas augas, de entramado de madeira e lousa na parte exterior.
  • Castro Os Castrudeiros / Castro de Castroceiro
  • Casa de Blanco e Casa de Pumares.

Noceda

Este pobo está a 8,8 km da Fonsagrada e a 850 m altitude.
Pódese ver: Capela de San ramón, Casa de Marentes, Hórreo, Castro “O Castro”, Mina romana, Casa de Abaixo, Casa de Ferreiro, Casa de Marentes, Casa de Miguel, Casa de Vega.

As Pozas

As Pozas está a 9 km da Fonsagrada e a 777 m de altitude.
Pódese ver: Casa de Lidia, Casa de Manolo, Casa de Paco, Casa de Pedro de Murias, Casa de Portalina, Casa de Rosendo.

Reboira

Poboación a 12 km da Fonsagrada e a 781 m altitude.
Pódese ver: Capela de Reboira, Hórreos, Medorra de Chan de reboira, Aeródromo, Casa de Alvarín, Casa de Abaixo, Casa de Cabo, Casa de Calexo.

Trasouturo

Trasouturo está a 9,7 km da Fonsagrada e a 690 m de altitude.
Pódese ver: Capela de Outur, Hórreo, Casa de Bernardo, Casa de Canteiro.

Vilaframil

Poboación a 13,5 km da Fonsagrada e a 530 m altitude.
Pódese ver:

  • Capela de Santa Bárbara, Fonte, Hórreos,
  • Casa de Magadán con escudo e hórreo.- A casa é un conxunto cerrado dentro dun peche de mampostería de xisto. O volume da casa é cúbico. A casa esta feita de mampostería de xisto e cuberta de lousa . O conxunto poderíase pechar nun rectángulo de uns 15x 25 m. Ten un escudo que supoñemos que é o de Magadán. Os veciños comentan que é a casa mas antiga do pobo. O hórreo é una construción de planta cadrada de 3.5x 3.5, con estrutura e cerramento de madeira de castiñeiro, con cuberta de lousa a catro augas.
  • Celeiro da casa de Rancaño.-  Edificio cadrado de 6m. de lado con muros de mampostería de pedra do lugar, sobre os que se apoian as pezas de madeira que configuran un cono estrutural rematado nunha clave de madeira. Cóbrese directamente con palla.
  • Hórreo da Casa do Ferreiro.-  Hórreo tipo cabazo ou “cabaceiro” de finais do século XIX. Construción de planta rectangular de 5 x 6 m., que se ergue sobre catro pes de madeira enteira toscamente traballados. Este pequeno edificio esta feito en estrutura de madeira e cerrado mediante un entablado. Ao principio era un hórreo de planta cadrada a catro augas, pero ardeu no 1.930 y foi reconstruído ca forma que ten na actualidade.
  • Pombal da Casa de Ferreiro.- Pequena construción de planta cadrada de 3.5 x 3.5m., con estrutura de potentes muros de carga e cuberta de lousa a unha soa auga.
  • Cortiños de Villaframil, Pena Branca, Monte da Coroa.- T eñen máis de 200 anos. Trátase de construcións de peche para os trobos de gardalos enxames de abellas. A forma tende a o cículo. Todo construído en xisto manposto.
  • Castro de Vilaframil – A Coroa de Vilardíaz
  • Casa de Arango, Casa de Abaixo, Casa de Castro, Casa de Magadán, Casa de Rancaño.

Vilamaior

Vilamaior está a 8 km da Fonsagrada e a 660 m de altitude.
Pódese ver: Capela de Vilamaior, Casa de González con Capela de san Antón, Casa de Niño, Casa de Gutiérrez, Casa do caseiro con pombal, O Castro, Medorras dos Piagos, Casa de Dulcino, Casa de García, Casa de Mastacho, Casa de Montes, Casa de Oliverio, Casa de Regueiro, Casa de Ron, Casa de Tombo, Casa de Ursinio.

Vilar de Vela

Vilar de Vela atópase a 520 m de altitude e a 11 km da Fonsagrada.
Pódese ver: Capela de San Miguel (privada), Muíño, Hórreos, O Castro, Casa de Teixeira.

Vilarín do Castelo

Poboación a 14,8 km da Fonsagrada . Pódese ver: Capela, Hórreo, Casa de Mateo.

Vilarxubín

Vilarxubín está a 12 km da Fonsagrada e a 620 m de altitude. Pódese ver: Capela de san Xosé, Hórreos, Castro de Gallol, Casa de Diego.

Cargando...