• Hoxe 21º 2
  • Sábado 19º 11
  • Domingo 18º 3

Veiga de Logares, Santa María de

A parroquia de Santa María da Veiga de Logares ten una poboación de 178 habitantes distribuidos en 13 poboacións: A Veiga de Logares, Braña, Dradas, Liñares de Villafurada, Llan, Louteiro, Robledo, Romeán, San Martín de robledo, O Ventorrillo, Vilagudel, Vilardíaz e Vilarfuxilde.

Outros datos de interese:

Extensión: 18,75 km2

Límites:

- Norte: Santo André de Logares

- Sur: Trobo

- Leste: Trapa e Asturias

- Oeste: Carballido

 

En canto ás poboacións:

A Veiga de Logares

Dista da Fonsagrada 16,6 km e ten unha altitude de 519 m.
Pódese ver:

  • Igresia Parroquial. Igrexa de planta de cruz latina feita en mampostería de esquisto; o tellado é a dúas augas feito con lousa. Accedese ó  interior por un pórtico con entrada arqueada e tellado tamén de lousa a tres augas. O campanario está feito en sillería de granito, e consta de tres corpos: o primeiro é cadrado cunha ventá, o segundo ten dous espazos arqueados, onde se sitúan as dúas campás, e o derradeiro corpo ten un vano pequeno, tamén arqueado e coroado por un remate en bola.
  • Casa Reitoral
  • Muíño de Ferreiro e Muíño de Mera
  • Casa Daquel Cabo.- Casa característica de tipo lucense de planta cadrada e dous niveis: o baixo ou terreo onde se sitúan as cortes, e o primeiro andar (vivenda), mais un faiado. Polo seu aspecto e a composición das súas fachadas dedúcese a presenza dun mestre de obra “culto” cando esta foi levantada. O conxunto completase cunha palleira e mais un pombal.
  • Pombal da Casa Daquel Cabo.-  Pequena construción de planta octogonal de aproximadamente 1.65 m . Os materiais son os tradicionais nesta zona con muros de cachotes de xisto con restos de un vello revoco de barro caleado. Entramado do teito de madeira, e cuberta de lousa.
  • Castro do Castelo e Castro de San Román
  • Varias Medorras
  • Casa de Aviega, Casa de Campo, Casa de Cesito, Casa de Daquelcabo, Casa de Ferreiro, Casa de Genaro, Casa de Mera, Casa de Picos, Casa de Sánchez, Casa de Vicente, Casa de Vinto.

Braña

Braña está a 17,9 km da Fonsagrada e a 780 m altitude.
Pódese ver:

  • Capela de san Caetanoe Hórreos
  • Casa de Arango, Casa de Caleiro, Casa de Campo, Casa de Félez, Casa de manolón, Casa de Pérez, Casa de Rico, Casa de Vega.
  • Apartamentos rurais “ Casa do Cabo” e Apartamentos rurais “Casoa da Braña”.

Dradas

Dradas está a 17,5 km da fonsagrada e a 760 m de altitude. Pódese ver: Casa de Dradas.

Liñares de Villafurada

Esta poboación está a 15,6 km da Fonsagrada e a 625 m de altitude.
Pódese ver:

  • Hermida de Sagrado Corazón e Capela De liñares de Villafurada
  • Casa do Rego.- O dintel da entrada data do ano 1.808. É unha vivenda habilitada para o laboreo, que aínda que se atope actualmente nun estado de ruína completa deixa ver o seu carácter de lugar de residencia dun terratenente con bo número de xornaleiros.
  • Casa de Osorio.-  Trátase dunha construción para vivenda que orixinariamente fora de planta rectangular, pero que sufriu transformacións ao longo do século pasado e máis este, resultando a forma actual de U que a un lado ten un volume engadido (capela), bastante recente e que no interior pecha un patio dende o que se ingresa na vivenda. A construción está feita con mampostería de xisto que posteriormente foi revocada con morteiro de cemento. O conxunto poderíase inscribir nun rectángulo de 20 x 20 m.
  • Casa de Méndez.-  No cargadoiro duna fiestra pódese ler a data de 1.897. Conxunto residencial formado por unha vivenda e un espazo anterior “eira” limitada por construcións adxectivas de almacenamento. A forma do conxunto é irregular. Os materiais son os tradicionais na zoa: encachado de xisto nos muros, enlousado de xisto na cuberta.
  • Fonte e Hórreos
  • Casa de carballeira, Casa de Carlos, Casa de Casanova, Casa de Caseiro, Casa de cordo, Casa de Ferreiro, Casa de Méndez, Casa de Osorio, Casa de Pedro.

Llan

Llan está a 15 km da Fonsagrada e a 676 m de altitude. Pódese ver: Capela de Llan, Hórreos, Casa Dacolá, Casa de Xinto.

Louteiro

Louteiro está a 16,2 km da Fonsagrada e a 736 m altitude.
Pódese ver:

  • Capelo de Santo Estevo, Hórreos, Dolmen, Castro de As Murolas, O Castrillón,
  • Celeiro.-  Celeiro con cuberta de palla veirado de lousa de máis de 100 anos. Edificio cadrado de 4m. de lado con muros de mampostería de xisto. A única porta do edificio é de madeira de castiñeiro e ten un cargadoiro do mesmo material. Cóbrese directamente cunha cuberta de palla que se sustenta mediante unha estrutura de madeira en rollizos. A cimentación asentou producindo importantes gretas nos muros. A cuberta é de palla e seca, ca auga o estado non e bo. Os veciños do lugar comentaron que a principios do século XX viviu neste cabano unha dona que criou a seis fillos. Pouco despois converteuse en bodega. Atópase o carón da Casa de Venancio.
  • Casa de Alonso, Casa de Casanova, Casa de Germán, Casa de Marcelo, Casa de Neto, Casa de Preto, Casa de Rodil, Casa de Simón.

Robledo

Este pobo está a 15 km da Fonsagrada e a 620 m de altitude.
Pódese ver: Escudo de armas, Muíño, Capela, Casa de labranza, Hórreos, Castro de San Martiño de Robledo / Cerro de Castro; Castro, Fonte, Casa de Alicia, Casa de Colá, Casa de Granda, Casa de Vilabrille.

Romeán

Romeán está a 16 km da Fonsagrada e a 580 m de altitude. Pódese ver: Muíño de Osorio, Hórreo, Capela, Castro.

San Martín de Robledo

Esta poboación está a 15,3 km da Fonsagrada e a 565 m de altitude.
Pódese ver: Igrexa de San Martín, Reitoral con escudo, Hórreos, Castro de San Martín de Robledo, Casa de Carrín, Casa de Cuarto, Casa de Granda, Casa de Rancaño.

O Ventorrillo

O Ventorrillo está a 850 m de altitude e a 18 km da Fonsagrada.. é o punto máis alto da parroquia: 828 metros.
Pódese ver: Capela de san román, Fonte, Restaurante e Casa rural “O Ventorrillo”.

Vilagudel

Este pobo está a 17,7 km da Fonsagrada e a 750 m de altitude.
Pódese ver: Capela de San Roque, Hórreos, Casa de Carballo, Casa de Pena, Casa de Rei, Casa de Rodil, Casa de Santiago, Casa de Tía, Casa de Ton.

Vilardíaz

Vilardíaz está a 620 m de altitude e a 16,8 km da Fonsagrada.
Pódese ver:

  • Capela de Vilardíaz e Capela de San Antonio: en ruínas, xunto ao colexio.
  • Caleiro.-  Ten máis de 200 anos. Pozo socavado de forma circular na terra e reforzado con pedras de xisto para evitar que se desfixesen as paredes, que se usaban para cocer o cal. Mide uns 4 metros de fondo. Pódese supoñer que nace como oficio co pobo pois a cal é un revoco para as fachadas das casas.
  • Casa do Roxo.-  Casa de máis de 200 anos. Trátase dunha casa cadrada que na actualidade se atopa moi transformada no seu interior, no que incorpora novas estancias redistribuíndo todo. Xunto ca casa hai unha interesante palleira feita con muros de carga de xisto. Esta palleira ten unha fachada principal feita de barrotes de madeira para airealo interior. O chan é tamén de tablóns de madeira sobre duns rastreis que coa súa altura conseguen que a herba airee e non podreza. O aspecto formal é como unha casa cortada ao medio.
  • Casa do Crego: Data dos séculos XVIII-XIX. Ë un conxunto integrado por cinco elementos:
  • Vivenda: Planta cadrada; volume achatado con cuberta a tres augas. Feita en mampostería de xisto, revocada en zonas, e cuberta con lousa sobre un armazón de madeira.
  • Obra: Funcionaba como alcoba ou dormitorio. Volume case cúbico rematado en cubetta de tres augas
  • Capela: En uso
  • Fonte e Hórreos
  • Colexio: pechado dende finais do curso 2008-2009
  • Castro de Vilardíaz (Pena do Castelo)
  • Aparatamentos de turismo rural Villa Severina
  • Casa de Antonio, Casa de Dosi, Casa de Felipe, Casa de Ferreiro, Casa de Pacín, Casa de Pardo, Casa de Pruída, Casa de roxo, Casa de Xastre.

Vilarfuxilde

Vilarfuxilde está a 770 m de altitude e a 18,6 km da Fonsagrada. Pódese ver: Capela de Vilarfuxilde, Casa de Calisto.

Cargando...