• Hoxe 21º 2
  • Sábado 19º 11
  • Domingo 18º 3

Vilabol, Santa María de

A parroquia de Santa María de Vilabol ten una poboación de 138 habitantes distribuídos en 8 entidades de poboación: Vilabol, Airixín, Estoupelo, Mirallos, Naraxa, A Retorta, Sancedo e Xegunde.

Outros datos de interese:

Extensión: 16,97 km2

Límites:

- Norte: San Martín de Suarna y Monteseiro

- Sur: Navia de Suarna

- Leste: Monteseiro e Vilar da Cuiña

- Oeste: Cereixido e Arroxo

 

En canto ás poboacións:

 

Vilabol

Poboación a 16 km da Fonsagrada e a 480 m de altitude.
Pódese ver:

  • Igrexa de Santa María de Vilabol.- Posiblemente románica, aínda que foi aumentada posteriormente. Consta de un soportal, unha nave e un ábside, alineados segúndo un eixo. Na parte superior atópase un campanario con dúas campás. Está construído con xisto, aínda que hai partes encaladas. O interior está bastante ben conservado. Recentemente foi restaurado o retablo principal. Hai varias estatuas.
  • Capela privada de Penamaría
  • Casa Reitoral
  • Casa de Rois.-  Ten forma cadrada; cuberta a catro augas. Destaca a presenza dunha grande galería (ocupa un lado completo) virada a vagoada. É armoniosa e ben proporcionada.
  • Casa de Corredoira.- Data dos anos 1.875-1.930. É unha casa de forma lineal que resultou de engadir varias construcións ao lado dun camiño. Consta dunha palleira, unha bodega, corte, casa, soportal, torre, cuarto novo, pozo, fonte, hórreo, etc. Todo construído con xisto, con partes encaladas. Ten unha gran galería e algúns cerramentos de madeira. Ten bon moblaxe e un importante lagar.
  • Palloza e Hórreos
  • Casa de Ermita de Abaixo, Casa de Marentiños, Casa de Monjardín, Casa de Pegerto, Casa de Pepito, Casa de Rigueira, Casa de Vale, Casa de Vázquez, Casa de Veiguelo, Casa de Xoaquín
  • Outras webs: http://www.villaboldesuarna.com

Airixín

Airixín está a 430 m de altitude e a 9,1 km da Fonsagrada.
Pódese ver:

  • Capela de Santo Antón e Hórreos.
  • Casa Darriba: Data do século XVIII. Consta de catro edificios: A Casa, a Torre, a Palleira e a Capela. A mesia ladeira. A casa de planta cadrada, cuberta a catro augas de lousa. Consta de planta principal, semisoto (cortes) e fallado. Construída en pedra de xisto e carpinterías de madeira. Ten una inscrición datando a casa en 1.7.......Está actualmente abandonada

Estoupelo

Estoupelo está a 14 km da Fonsagrada e a 800 m de altitude.
Pódese ver: Capela de San Isidro, Hórreos, Fonte, Casa de Alfonsín, Casa de Balonga, Casa de Drada, Casa de Fonte, Casa de Marentes, Casa de Outeiro, Casa de Salvador.

Mirallos

Este pobo está a 850 m de altitude e a 12,8 km da Fonsagrada. Pódese ver: Hórreos.

Naraxa

Naraxa está a 11,3 km da Fonsagrada e a 380 m altitude.
Pódese ver: Praia fluvial “A pena do inferno”, Capela da Divina Pastora, Hórreos, Casa de Arango, Casa de Cantina, Casa de Caxide, Casa de Muñizo, Casa de Pérez, Casa da Tía Rosa, Casa de Valdés.

A Retorta

A Retorta está a 12 km da Fonsagrada e a 380 m de altitude.
Pódese ver:

  • Muíño, Hórreo, Casa da Retorta
  • Xunta dos ríos Lamas e Suarna: Aínda que no momento en que se xuntan o río Lamas leva máis caudal co Suarana , o tramo continúa ata desembocar no río Navia aparece nos planos topográficos como Río Suarna.

Sancedo

Sancedo está 14,6 km da Fonsagrada e a 700 m de altitude. Pódese ver: Palleira, Varios hórreos, Casa de Toño – Rosa, Casa de Vicente.

Xegunde

O pobo de Xegunde está a 17,5 km da Fonsagrada e a 500 m de altitude.
Pódese ver: Capela de San roque, Numerosos hórreos, Castro de Xegunde, Casa de Campo, Casa de Casiña, Casa de César, Casa de Civil, Casa de Francisca, Casa de García, Casa de Pasarín, Casa de Pozo, Casa de Roxa, Casa de Torre, Casa de Toxal, Casa de Xastre.

Cargando...