• Hoxe 8º 7
  • Viernes 9º 10
  • Sábado 6º 10

Bastida, San Miguel de

A  parroquia de San Miguel da Bastidaten una poboación de 51 habitantes, que se atopan agrupados  en  6 entidades de poboación: Bastida, Brañela, Lidín, Pereira, Queixoiro e Xestoso de Palfito.
Pódense salientar os seguintes datos:

Extensión: 21,39 km2.

Coordenadas:

- Latitude: 43º07’
- Lonxitude: 7º06’

Límites da parroquia:

- Norte: Lamas de campos, Neiro, Proba de burón e Pacios.
- Sur: Padrón, Vieiro, Fonsagrada e San Martín de Suarna.
- Este: Fonfría, Allonca e Lamas de Campos.
- Oeste: Pacios e Vieiro.

En canto as poboacións:

A Bastida

Esta poboación dista 4 km da Fonsagrada e está a unha altitude de 740 m. Pódese ver a Casa da Bastida (casa de turismo rural).

Brañela

Está a unha altitude de 955 m e está situada a 7,1 km da Fonsagrada.
Pódese ver: Celeiro, Medorra de Leguaseca, Medorra de Leguadereita, Medorra de Brañela, Casa de Minguxo, Casa de Xancín, Antiga presa de abastecemento de auga.

Lidín

Lidín está a 4,1 km da Fonsagrada. Pódese ver: Hórreos, Casa de Campos, Casa de Graña, Casas de Pumarega, Casa de Zaloa.

Pereira

Esta poboación atópase a 4,4 km da Fonsagrada. Pódese ver: Capela de San Miguel, Casa de Caseto, Casa de Castelao, Casa de Chouso ou Pelaez, Casa de Costa.

Queixoiro

Queixoiro está a 6,1 km da Fonsagrada. Pódese ver: Seimeiras do Río Rodil, Ruta do Forno do Bolo, Capela de Queixoiro.

Xestoso de Riba

Esta poboación, tamén chamada Xestoso de Palfito, está a 860 m de altitude e atópase a 5,5 km da Fonsagrada. Pódese ver: Igrexa, Camiño Primitivo de Santiago, Palloza, A Coroa da Bastida, Castro da Coroa, Hórreos con teitos de palla e lousa, Pozo artesán, Casa de Benito, Casa de Cabo, Casa de Corredoira, Casa de Tío Lois, Casa de Xastre, Casa de Gómez.

Cargando...