• Hoxe 21º 2
  • Sábado 19º 11
  • Domingo 18º 3

Bruicedo, Santiago de

A parroquia de Santiago de Bruicedo ten una poboación de 47 habitantes ditribuidos en 6 núcleos de poboación: Bruicedo, Os Carrís, Pastoriza, Pin, Rieiro e Souto.
Algúns datos interesantes son:

Extensión: 6,19 km2.

Coordenadas:
- Latitude: 43º05’
- Lonxitude: 7º10’

Límites da parroquia:
- Norte: Piñeira e Pacios.
- Sur: Paradavella.
- Leste: Vieiro.
- Oeste: Baleira

En canto as poboacións:

Bruicedo

Poboación situada a 18 km da Fonsagrada. Ten unha altitude de 630 m.
Pódese ver:

Igrexa parroquial de Santiago.
Hórreo da Casa do Pardo: Construción de planta cadrada de 6x6 m con corredor. Estrutura e peche de madeira achaflanado nas esquinas para facilitar o paso dos carros. Cuberta de lousa a catro augas. Os pes son de madeira sobre pilastras de pedra. O cerramento non presenta ocos. Presenta restos de pintura vermella.
Casa de Abaixo.
Casa de Baixo.
Casa de Chaín.

Os Carrís

Aldea abandonada.

Pastoriza

A Pastoriza está a situada a unha altitude de 490 m e queda a 16,3 km da Fonsagrada.
Pódese ver:

  • Hórreo da Casa do Xastre: Construción de planta cadrada de 5x5 m con corredor. Estrutura e cerramento de madeira. Cuberta de lousa a catro augas e as limatesas dos catro faldóns están resoltas con tella árabe asentada con morteiro de cemento. O exterior do cerramento do corredor está pintado de cor vermello. Os pes e pilastras son dunha soa peza de formigón que reproduce as formas dos materiais tradicionais. Están ben executadas. A Escaleira está feita en formigón. O hórreo foi trasladado dende o lugar de Goxe, na parroquia de Santa María de Piñeira. En toda esta zona os hórreos teñen os pes de formigón e están pintados de vermello.
  • Hórreo da Casa de Antolín: Construción de planta cadrada de 4x4 m, sen corredor por fallo do carpinteiro, con estrutura de madeira e cerramento de ladrillo enfoscado e pintado. Cuberta de fibrocemento. Os tornaratos son de lousa. Pes e pilastras forman unha soa peza feita d formigón pero imitando as formas tradicionais.
  • Hórreo da Casa de Agosto: Construción de planta cadrada de 5x5 m con corredor. Estrutura e cerramento de madeira totalmente pintado de vermello. Cuberta de lousa a catro augas. O cerramento do corredor presenta un pequeno ventanuxo ao lado do camiño. No aleiro hai un lixeiro ornamento de madeira. Os pes son de madeira sobre pilastras de pedra. A escaleira exterior é de fábrica de pedra da zona. O corredor está totalmente pechado.
  • Casa de Agosto.
  • Casa de Antoñín.
  • Casa de Martín.
  • Casa de Sabelo.
  • Casa de Xastre.

Pin

Aldea situada a 17 km da Fonsagrada. Ten unha altitude de 660 m. Este pobo é a aldea natal do famoso violinista cego Florencio.
Pódese ver:

  • Cileiro.
  • Hórreo da Casa de Xinto: Construción de planta cadrada de 4x4 m sen corredor. Estrutura e cerramento de madeira, cuberta de lousa a catro augas e aveiro de madeira a base de táboas como escamas para evitar o pase da auga. Os pes son de troncos de madeira
  • Casa de Pedro.
  • Casa de Riba.
  • Casa de Xinto.

Rieiro

Poboación situada a 16,8 km da Fonsagrada.
Pódese ver:

  • Hórreo da Casa de Pardo: Construción de planta cadrada de 5x5 m con corredor. Estrutura e cerramento de madeira. Cuberta de lousa a catro augas. Os pes son de madeira sobre muro de pedra. Está situado sobre un alpendre. As táboas do cerramento teñen unha pequena separación para permitir a ventilación e, polo exterior, están pintadas de cor vermello.
  • Casa da Oficiala.
  • Casa de Portela.

Souto

Esta aldea atópase a 470 m de altitude e dista da Fonsagrada 16,5 km.
Pódese ver:

  • Celeiro.
  • Hórreo da Casa de Baixo: Construción de planta cadrada de 6x6 m con corredor. Estrutura e pechamento de madeira. Cuberta de lousa a catro augas. Os pes son de madeira sobre pilastras de pedra. O cerramento non presenta ocos e a ventilación prodúcese polas xuntas das táboas. Debaixo do aleiro aparecen numerosos ganchos, seguramente para colgar os froitos e secar o millo.
  • Casa de Baixo.
  • Casa de Pardo.

Cargando...