• Hoxe 21º 2
  • Sábado 19º 11
  • Domingo 18º 3

Carballido, Santa María de

A parroquia de Santa María de Carballido ten una poboación de 238 habitantes. É a terceira parroquia máis poboada do Concello, despois de A Fonsagrada e de Lamas de Moreira. Atópase distribuída en 18 entidades de poboación: Carballido, A Burela, A Graña, Gromaz, Lentomil, Llacín, A Pedreira, A Rebordela, Río de Sabugo, Sequeiro, A Torre, Torviso, Trevín, A Valiña das Ovellas, A Veiga dos Vinteiros, Vilar de Carballido, Vilar de Calvos e Vilalba.

Algúns datos salientables desta parroquia son:

Extensión: 30,79 km2.

Coordenadas:

- Latitude: 43º14’
- Lonxitude: 7º08’

Límites:

- Norte: A Pontenova e San Andrés de Logares.
- Sur: Maderne e O Trobo.
- Leste: Veiga de Logares.
- Oeste: Ribeira de Piquín.

En canto aos pobos cabe destacar:

Carballido

Pobo situado a 19,9 km da Fonsagrada. Está a 711 m de altitude.
Pódese ver: Igrexa Parroquial, Teixos centenarios, Casa de Abiega, Casa de Barreiro, Casa de Campo, Casa de Estanislao, Casa de Forxa, Casa de Gutierrez, Casa de Hortensio, Casa de Llousas, Casa de Manuelín de Teresa, Casa de María, Casa de mingueiro, Casa de Muín, Casa de Panadería, Casa de Prieto, Casa de Queipo, Casa de Queitano, Casa de Ramoneta, Casa de Samarugo, Casa de Santos, Casa de Ton, Casa de Valdaforxa.

A Burela

Esta aldea está situada a 730 m de altitude e a 17,5 km da Fonsagrada.

A Graña

A Graña está a 16,8 km da Fonsagrada e a 710 m de altitude.
Pódese ver: Medorras de Graña, Cruceiro da Graña de Chao de Fornos, Torre, Capela, Casa de Burelo, Casa de Camilo, Casa de Ferreiro, Casa de Muruais, Casa de Risas, Casa de Ron e Casa de Santiago.

Gromaz

Esta aldea está a 860 m de altitude e a 16,9 km da Fonsagrada. Pódese ver: Capela de San Cosme,
Hórreo Casa de Santiago: Hórreo tipo cabazo ou “cabaceiro” de uns 40 – 50 anos. Construción de planta rectangular de 4x6.5 m, aínda que non tan alongado como o tipo máis occidental. Estrutura formada por dous muretes testeiros de mampostería de xisto, nos que se apoian dúas vigas de madeira, sobre as que se monta o entarimado do piso, os peches e outra dúas vigas sobre as que se constrúe a cuberta a catro augas. É interesante a súa conservación por ser un dos hórreos de planta rectangular da zona.
Hórreos con teito de lousa.
Casa de Cabo, Casa de Fidalgo, Casa de Nova, Casa de Proita, Casa de Robledo, Casa de Xulián.

Lentomil

Esta poboación está situada a 18,5 km da Fonsagrada e está a 770 m de altitude.
Pódese ver: Medorras do Zarro de Pedro, Medorras do Campo das Cruces, Capela de San Lentomil, Casa de Barreiriños, Casa de Farrucón, Casa de Menor, Casa de Mesa.
Santuario da virxe da Pastoriña: A súa festividade celébrase o luns de pascua. Os devotos acoden ao santuario a pregarlle a Virxe polos animais domésticos, sobre todo polo gando.

Llacín

Situado a 16,7 km da Fonsagrada e a unha altura de 730 m.
Pódese ver: Capela de San Antón, Capela (privada), Hórreo con teito de palla, Casa de Mingueiro, Casa de Pedro, Casa de Riba, Casa de Romano

A Pedreira

Poboación situada a 16,5 km da Fonsagrada.
Pódese ver:

Conxunto de construcións: No dintel dunha fiestra figura a data 1.830. Conxunto de vivenda alongada. Palleira de forma irregular en planta. Celeiro de planta rectangular.
A vivenda de planta rectangular cóbrense a dúas augas. Os muros son de xisto mamposto e os cargadeiros de portas e fiestras de madeira.
A palleira ten unha forma orgánica en planta, definido por un muro na súa traseira “curva” e dous paus de castiñeiro que, en forma de pes dereitos, soportan a estrutura da cuberta.
Hai unha terceira construción arrimada á palleira que ten funcións de celeiro.
Hórreo Casa de Pedreira: hórreo tipo cabazo ou “cabaceiro”. É unha construción de planta rectangular de 2.25x7 m, con estrutura formada por dous muretes testeiros nos que se apoian dúas vigas de castiñeiro, sobre as que se monta o armazón do piso, as montantes verticais, as barandas e os peches, e hai outras dúas vigas sobre as que se constrúe a cuberta a catro augas.

A Rebordela

A Rebordela está a 730 m de altitude e a 16,8 km da Fonsagrada.
Pódese ver: Capela da Rebordela, Casa de Conde, Casa de Nilo, Casa de Ramón, Casa de Xastre.

Río de Sabugo

Situado a 720 m de altitude e a 15,7 km da Fonsagrada.
Pódese ver: Casa de Camilo, Casa de Mingos, Casa de Pereira de Baixo, Casa de Pereira de Riba, Casa de Valdo.

Sequeiro

Poboación situada a 17,7 km da Fonsagrada e a 642 km da Fonsagrada.
Pódese ver: Capela ou Igrexa do Pilar, O Castro, O Castro Vello, Hórreos de madeira e lousa, Casa de Penela, Casa de Pulida, Casa de Rego.

A Torre

A Torre está a 16 km da Fonsagrada.
Pódese ver: Capela da Torre (privada), Hórreo de Pizarra, Fonte.

Torviso

Torviso está a 670 m de altitude e a 16,7 km da Fonsagrada. Pódese ver:
Casa de Rancaño ou Casa de Meirado: Conxunto de vivenda, hórreo e unha pequena capela situada a carón dun rueiro. Ten forma aproximadamente cuadrangular cunha esquina sensiblemente redondeada. A estrutura está construída por muros de mampostería de xisto e a cuberta de lousa, tamén de xisto.
Medorras de Torviso, Capela de Torviso, Casa de Bermúdez, Casa de Capón, Casa de Ramón, Casa de Rancaño, Casa de Villar, Casa de Xacobo.

Trevín
A Valiña das Ovellas

Pódese ver: Medorra do Bredo da Lagoa, Medorra da Valiña, Casa de Garrido.

A Veiga dos Vinteiros

Poboación situada a 16,4 km da Fonsagrada e a unha altitude de 750 m. Pódese ver: Casa de Manolo.

Vilar de Carballido

Está a 16,7 km da Fonsagrada e a 690 m de altitude.
Pódese ver:

Hórreo Casa de Samaruco: Construción de planta cadrada de 6x6 m, con estrutura e peche de madeira, con dous lados chapados con pranchas (sur e suroeste). Está apoiado en catro pes de madeira sobre muretes de cachote de xisto que sustentan o armazón de planta cadrada e peche de listóns verticais de madeira. O máis salientable deste hórreo é o uso de pranchas de aceiro galvanizadas cravadas ao peche. A cuberta é a catro augas de lousa con un remate de pedra.
Ermida de Santa Ciobre, Casa de Bárbara, Casa de Enríquez, Casa de López, Casa de Martiz, Casa de Toñete.

Vilar de Calvos

Poboación situada a 730 m de altitude e a 16,7 km da Fonsagrada. Pódese ver: Capela de Vilar de Calvos, Casa de Dino, Casa de Gaiteiro, Casa de Nova, Casa de Valiña.

Vilalba

Cargando...