• Hoxe 21º 2
  • Sábado 19º 11
  • Domingo 18º 3

6. Cereixido

A parroquia de Santiago de Cereixido ten una poboación de 104 habitantes distribuidos en 9 poboacións: Cereixido, O Pando, Santa Xuia, Santiso, Souto, O Tabueiro, O Touceiro, O Vao e O Vilarón.

Desta parroquia podemos salientar:

Extensión: 8,6 km2.

Coordenadas:

                 Latitude: 43º04’

                 Lonxitude: 7º03’

Límites da parroquia:

Norte: Cuiñas e San Martín de Suarna.

Sur: Arroxo e Lamas de Moreira.

Este: Vilabol de Suarna.

Oeste: Vieiro.
 

En canto ás poboacións:

Cereixido

Esta poboación está a unha altitude de 450 m e a unha distancia da Fonsagrada de 8,9 km.

Pódese ver:

Castro de Cereixido.
Igrexa Parroquial de Santiago: Construción de planta rectangular con ábside cadrado, atrios con arcos e un engadido: dúas espadanas. Paredes de xisto en parte e cuberta de lousa.
Capela de San Xosé (Casa Castelao): Construción de forma rectangular de 6x6 m con un pequeno soportal na entrada. Muros portantes de xisto enfoscados. No interior hai un retablo. A cuberta é de lousa con estrutura de madeira.
Pombal da Casa da pedreira: pequena construción de planta circular de 4 m de diámetro, con estrutura de muro de carga de xisto e cuberta de lousa a unha auga. A parte superior está encalada e ten unha curiosa cornisa onde se pousan as aves.
Ponte da Igrexa: É unha ponte duns 200 anos. Está feita para salvar un pequeno río. Feito de xisto con un arco central de medio punto e un cargadeiro que salva un pequeno canal lateral.
Hórreo da Casa de Ramos: Foi feito sobre o ano 1800. Pequena construción de planta cadrada de 5x5 m, con estrutura e cerramento de madeira, cuberta de lousa a catro augas. A parte baixa estivo pintada de vermello. Ten un corredor interior ventilado por pequenos buracos na madeira do peche. A parte dianteira é tipo galería.
Hórreo da Casa de García: pequena construción de planta cadrada de 6x6 m, con estrutura e peche de madeira, cuberta de lousa a catro augas. Corredor perimetral pechado no ano 1941 con barrotillos de madeira.
Hórreo da Casa de Martínez: pequena construción de planta cadrada de 5x5 m, con estrutura e peche de madeira, cuberta cónica de palla e corredor perimetral externo e descuberto (tipo balcón).
Hórreo da Casa de Pedreira: Pequena construción de planta cadrada de 6x6 m, con estrutura e pechamento de madeira, cuberta de lousa a catro augas, corredor perimetral pechado. Ten seis pes, dous deles pode que sexan de reforzo. Cambiouse a lousa do tellado en 1949.
Hórreo da Casa do Rodrígo: pequena construción de planta cadrada de 6x6 m, con estrutura e peche de madeira, esquinas achaflanadas, cuberta de lousa, e corredor perimetral pechado pero ventilado. Antigamente estaba cuberto de palla. Fai aproximadamente 40 anos que se enlousou.
Hórreo da Casa de López: pequena construción de planta cadrada de 5x5 m, con estrutura e peche de madeira, cuberta de lousa a catro augas nas esquinas e corredor perimetral aberto tipo balcón.
Casa de Castelao.
Casa de Fonte.
Casa de García.
Casa de López.
Casa de Martínez.
Casa de Pedreira.
Casa de Ramos.
Casa de Rodrigo.
Casa de Toribio.
Casa de Torre.

O Pando

Poboación situada a 715 m de altitude e a unha distancia de 9,3 km da Fonsagrada

Santa Xuiá

Santa Xuia está a 9 km da Fonsagrada e a 500 m de altitude.

Pódese ver: Capela ou Igrexa de Santa Xuiá, Casa de Álvarez, Casa de Casanova, Casa de Casopo, Casa de Caxide, Casa de Cuarto, Casa da Obra, Casa de Fernández, Casa de Manuel da Torre, Casa de Peñamaría, Casa de Pepe de Álvarez, Casa de Riba, Casa de Torre.

Santiso

Esta poboación está a 710 m de altitude e a 6,4 km da Fonsagrada.

Pódese ver:

Casa de Don Juan: Éunha palloza con lareira, xisto, lousa e palla.
Hórreo de Don Juan: Trátase dunha construción de planta cadrada de 5x5 m con estrutura e peche de madeira, con cuberta de lousa a catro augas.
Capela de Don Juan: Pequena construción de planta cadrada de 5x5 m, con estrutura e peche de madeira, con cuberta de lousa a catro augas.
Mesa mediaval: ten uns 900 anos.
Casa de Bruicedo.
Casa de Don Juan.
Casa de Miguel.

Souto

Souto está a 9,7 km da Fonsagrada e a 470 m de altitude.

Pódese ver: Capela de Souto, Celeiro, Castro, Hórreos, Casa de Baixo, Casa de Díaz, Casa de Méndez, Casa de Midios, Casa de Olaya, Casa de Quello, Casa de Rellán, Casa de Riba, Casa de Vicente.

O Tabueiro

Esta poboación está a 8,7 km da Fonsagrada.

O Touceiro

Poboación situada a 320 m de altitude e a 8,8 km da Fonsagrada.

Pódese ver: Hórreos de madeira e lousa, Casa de Ferreiro, Casa de Maxide, Casa de Moural, Casa de Tabueiro.

O Vao

O Vao está a 6,5 km da Fonsagrada e a 400 m de altitude.

Pódese ver: Capela, Casa de Carballido, Casa de Fondeiro ou Fonduso.

O Vilarón

Situado a 6,5 km da Fonsagrada e a 580 m de altitude.

Pódese ver: Capela de San Román, Hórreo con teito de palla, Fonte, Casa de Cuarto, Casa de Rego, Casa de Saavedra.

Cargando...