• Hoxe 21º 2
  • Sábado 19º 11
  • Domingo 18º 3

Fonfría, Santa María Magdalena de

A parroquia de Santa María Magdalena de Fonfría ten una poboación de 30 habitantes distribuídos en catro núcleos de poboación: Barbeitos, O Castro, Ferreirous e Fonfría.

O camiño primitivo pasa por dúas destas poboacións: Fonfría e Barbeitos.

Podemos salientar desta parroquia:

Extensión: 4,29 km2.
Límites da parroquia:

- Norte: Allonca e Bastida.

- Sur: Monteseiro e San Martín de Suarna.

- Este: Monteseiro e Allonca.

- Oeste: Bastida e San Martín de Suarna.

En canto aos pobos:

Fonfría

Poboación situada a 860 m de altitude e a 8 km da Fonsagrada.

Pódese ver: Igrexa parroquial, Medorra de Chao Grande, Casa de Cantina, Casa de Isidro.

Barbeitos

Barbeitos está a 6 km da Fonsagrada e a 880 m da Fonsagrada.

Pódese ver: Mesón Catro Ventos, Capela de Barbeitos: é unha capela de máis de 100 anos. Ten forma rectangular de 5x6.5 m con soportal e campanario con un pequeno sino e tres pináculos de pedra. No interior ten un pequeno retablo con dous santos.
Medorras neolíticas.
Casa de Magadán: Trátase dunha construción de planta rectangular de 13x13 m. cuberta a catro augas de lousa. As paredes son de pedra de xisto con pedra morta na parte das xanelas. Paredes revocadas con morteiro de cal.
Hórreo da casa de Llano: Data do ano 1.850. Construción de planta cadrada de 4x4 m, con estrutura e peche de madeira de castiñeiro, sen corredor. Ten teito cónico de palla de centeo a “o veo” rematado por un olla cerámica. Ten catro pes de madeira sobre basamento de pedra e tornaratos de lousa.
Casa de Candás, Casa de Llano, Casa de Nova, Casa de Silverio, Casa de Ventorro, Casa de Mazaeda.

O Castro

Esta poboación atópase situada a 8,7 km da Fonsagrada e a 900 m de altitude.

Pódese ver: Hórreos, Casa de Villar.

Ferreirous

Ferreirous está a 720 m de altitude e a 7,1 km da Fonsagrada.

Pódese ver:

Capela de Ferreirous.
Casa de Pedro: Trátase dunha construción de planta rectangular de 16x17 m, con prolongación da cuberta nun dos dous lados, formando un pendello sobre unha porta de servizo. Muros de carga de pedra de xisto. Cuberta a catro augas de lousa.
Casa de Reboiro: É unha construción de planta rectangular de 14x14 m con prolongamento de cuberta nas dúas portas de entrada. Dispón nun lado dun pendello e no oposto un interesante hórreo. Muros de carga de pedra de xisto, utilizando pedra morta no despece dos ocos. Hai restos de revoco de cal nalgunhas partes. Cuberta a catro augas de louse. Interesante picaporte.
Hórreo da Casa de Abaixo: Construción de planta cadrada de 4x4 m, con estrutura e peche de madeira de castiñeiro, sen corredor. O teito é a catro augas de lousa con pináculo de pedra na cumbreira. Ten catro pes de madeira sobre base de pedra. O hórreo foi transportado sobre rodicios de madeira non hai moito tempo.Antes estaba a carón do camiño.
Hórreo da Casa de Tío Pepe: Construción de planta cadrada de 5x5 m, con estrutura e peche de madeira de castiñeiro sen corredor. Ten cuberta a catro augas con un pináculo de pedra na cumbreira. Grandes veiris sustentados con tornapuntas de madeira. Ten catro pes de madeira sobre base de pedra.
Hórreo da Casa do Coxo: Está é unha construción de 5x5 m, con estrutura e peche de madeira, sen corredor. Ten cuberta a catro augas con un pináculo de pedra na cumbreira. Grandes veirís sustentados con tornapuntas de madeira. Ten catro pes de madeira sobre base de pedra.
Antiga escola.

Cargando...