A Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Axencia Galega de Servizos Sociais, ven de abrir o prazo de preinscripción nas escolas infantís 0-3 anos dependentes desta Axencia. DOG. 53 de 16 de marzo de 2023.


Requisitos:
a)Que o neno ou a nena xa nacese no momento de presentación da solicitude e teña a súa residencia en Galicia.
b)Que teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na escola infantil en que obteña praza e non teña feitos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2023. Non obstante o anterior, poderanse eximir do límite de idade dos 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo, de acordo coa normativa vixente.
c)Respecto daquelas familias que xa escolarizasen un fillo ou filla no mesmo centro ou calquera outro centro da Rede Galiña Azul (escolas 0-3 dependentes da Agass e do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar) estar ao día no pagamento das cotas polos servizos recibidos na data de presentación da solicitude, tanto nos supostos de renovación da praza como de novo ingreso nos centros da Agass.


Prazo de inscripcións: 17/03/2023 – 05/04/2023


Horario de atención: 10:30 a 14:00 horas – Concertar cita previa para realizar a inscripción na Escola Infantil “A Galiña Azul” de A Fonsagrada no número de teléfono: 982 340 315