• Espectáculo de narración oral "Levántate Xan!!!" a cargo de Caxoto
  • Para o alumnado e familias da Escola Infantil da Fonsagrada
  • Martes, 13 de xuño de 2023
  • Sinopse: É noite na granxa de Xan. Como todas as mañás o galo érguese antes de que saia o sol, sube ao alto do tellado e
    disponse a cantar. Pero ese día algo sae mal. O galo non pode cantar; e se o galo non canta o sol non se levanta!…
    Non será que Xan esqueceu darlle a cea aos animais a noite anterior?
    Unha función chea de animais, pequenas historias e cantigas no día a día na granxa de Xan.
  • Na Biblioteca Pública Municipal da Fonsagrada (Casa da Cultura)
  • Actividade de dinamización da lectura do programa "Ler Conta Moito" financiada pola Xunta de Galicia e o Concello de A Fonsagrada