• Maxia con Martin Camiña
  • Espectáculo: Ilusións sen azucre industrial
  • Unha obra máxica con ilusións sen azucre industrial, conservantes nin colorantes, realizado por un ilusionista da morea,... do montón, mais do montón bo. Espectáculo de ilusionismo sen edulcorar, humor e participación da concorrencia, composto en "clave de fa": fabuloso, fascinante e fantástico, nun proceso artesanal arrufado cara o imaxinario.
  • Mércores, 2 de agosto de 2023
  • Ás 19:00 horas
  • Na Praza da igrexa (A Fonsagrada)
  • Actividade subvencionada pola Xunta de Galicia co programa "Cultura no Camiño".