Unha vez finalizado o prazo de preinscrición para as actividades o luns 2 de xaneiro de 2023, procédese á publicación da listaxe de admitidas na actividade de Ioga. Dita actividade realízase no IES Vello na aula 3 do primeiro andar dous días á semana (luns e mércores de 20:15 a 21:15 horas).  As persoas admitidas deberán portar roupa cómoda, unha mantita e unha esterilla. AS clases comezan o luns día 9 de xaneiro ás 20:15 horas. Na actividade de ioga quedan prazas vacantes este trimestre. Podendo anotarse fóra deste prazo establecido.

Método de pago: Unha vez publicada a listaxe de admitidos na páxina web municipal, as persoas que obtiveron praza deben facer o pago na entidade bancaria Abanca con data límite o 18 de xaneiro de 2023. No concepto teñen que poñer a actividade e o seu nome e apelidos. Por exemplo: IOGA María López. O importe do trimestre é de 60€. Unha vez feita a autoliquidación non é preciso entregar o resgardo de pago, dado que este chega de maneira automática. Se non se realiza o pago no prazo establecido, a preinscrición quedará anulada.

Inscrición ao longo do curso: Cada mes sacarase unha listaxe coas prazas libres e estas iranse cubrindo por orde de solicitude. Neste caso, o alumnado rexistrado nunha actividade poderá matricularse noutra na que quedasen prazas libres. No suposto de inscricións unha vez comezado o curso, o importe da cota será o resultante de multiplicar a tarifa mensual (incluído o mes da propia inscrición), polo número de meses que restan para finalizar o trimestre.

Baixas: No caso de baixa, estas deberán tramitarse por escrito. A cota poderá devolverse nos supostos de baixa por forza maior.