Rematado o prazo de preinscrición o día 29 de marzo, procedese á publicación da listaxe de admitido/as na actividade de Bailes de Salón e Latinos. Nesta actividade quedan 6 prazas vacantes.

 

LIstaxe de admitido/as na actividade de Bailes de Salón e Latinos no 3º trimestre do curso 2022/2023

 

Método de pagamento

Unha vez publicada a listaxe de admitidos na páxina web municipal, as persoas que obtiveran praza deben facer o pagamento na entidade bancaria Abanca con data límite o 15 de abril de  2023. A tarifa é de 60€. No concepto teñen que poñer a actividade e o seu nome e apelidos. Por exemplo: IOGA María López

Unha vez feita a autoliquidación non é preciso entregar o resgardo de pagamento, dado que este chega de maneira automática. Se non se realiza o pagamento no prazo establecido, a preinscrición quedará anulada.

 

Inscrición ao longo do curso
Cada mes sacarase unha listaxe coas prazas libres e estas iranse cubrindo por orde de solicitude. Neste caso, o alumnado inscrito nunha actividade poderá matricularse noutra na que quedasen prazas libres. No suposto de inscricións unha vez comezado o curso, o importe da cota será o resultante de multiplicar a tarifa mensual (incluído o mes da propia inscrición), polo número de meses que restan para rematar o trimestre.

 

Baixas
No caso de baixa, estas deberán tramitarse por escrito no rexistro da Casa do Concello. A cota poderá devolverse en supostos de baixa por forza maior.