A Casa do Concello de A Fonsagrada acolleu hoxe a mediodía o acto de presentación do Pasaporte Gastronómico do Xeodestino Ancares - Terras de Burón.
O Pasaporte Gastronómico é unha das mellores maneiras de coñecer o noso territorio desfrutando das festas populares e feiras tradicionais. A primeira cita do calendario é a nosa Festa do Butelo, Declarada de Interese Turístico de Galicia.
Descobre máis en: https://ancaresterrasdeburon.gal/pasaporte-gastronomico/