Por acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de A Fonsagrada de data 28/09/2021 aprobáronse  as bases de selección para a creación dunha bolsa de emprego temporal para a cobertura dun posto de auxiliar administrativo por un ano mediante dúas contratacións de 6 meses cada unha, ao abeiro do Programa de Fomento do  Emprego 2021 financiado pola Deputación Provincial de Lugo

O prazo de presentación de solicitudes é de 7 días hábiles a partir da publicación do anuncio no BOP. Do 08/10/2021 ao 19/10/2021, ambos incluídos

Esta información tamén está dispoñible na sede electrónica do Concello de A Fonsagrada