Os próximos días 11 e 12 de Febreiro celebrarase a Feira do Butelo na vila da Fonsagrada.

PROGRAMA:

  • Sábado 11 de Febreiro, ás 10.00 horas procederase á apertura da carpa, e ás 12.30 horas terá lugar a inauguración oficial da festa. A continuación, ás 13.00 horas, comezará o paseo polas diferentes casetas. A carpa da festa permanecerá aberta ata as 20.00 horas.
  • Domingo 12, ás 10.00 horas procederase á apertura da carpa, ás 12.00 horas terá lugar a recepción de personalidades e ás 12.30 horas o grupo de música tradicional Illa Pancha actuará para os presentes. Ás 13.00 horas realizarase a entrega da distinción "Butelo de Ouro" no Salón de Plenos da Casa do Concello, acto que dará paso ás 13.30 horas á actuación da A. C. Antaruxas e Sorteiros. Nesta última xornada a carpa permanecerá aberta ata as 20.00 horas.
  • Descargue o Programa da XXVI Feira do Butelo