O Concello da Fonsagrada, a través do Programa de Fomento do Emprego 2022 incluido no Plan Único de Cooperación cos Concellos 2022, financiado pola Deputación Provincial de Lugo, efectuou as seguintes contratacións:
- 5 albaneis por un período de seis meses
- 2 tractoristas por un período de seis meses
- 1 soldador por un período de seis meses
- 1 palista por un período de seis meses
- 2 peóns de limpeza viaria (media xornada) por un período de seis meses