• A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará o luns 1 de abril en horario de 10:30 a 14:00 e 17:00 a 21:00 horas fronte o Museo da Fonsagrada.
  • O sangue non se pode fabricar e so é posible obtelo grazas á doazón de persoas solidarias que axudan a outras a recuperar a saúde.
  • Os hospitais galegos precisan cada día entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, e a túa colaboración é fundamental para que moitas persoas podan ser sometidas a intervencións cirúrxicas, ou para persoas que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos.
  • Non esperes a que se esgote. Doa sangue.