• Hoy 11º 3
  • Martes 10º 6
  • Miércoles 7º 6

Ruta de Pena Guímara

Comezamos a andaina subindo pola estrada LU-740 dirección A Fonsagrada e viramos no primeiro camiño a esquerda. Enseguida chegamos a un pequeno núcleo de casas onde destaca “Villa Severina” co seu hórreo de teito. Viramos na primeira rúa á dereita, deixando á esquerda o aloxamento turístico.
Deseguido atopamos de novo a estrada LU-740, e cruzámola para continuar pola dereita por un camiño no que deixaremos atrás o asfalto. Na man dereita do camiño, comezamos a baixar por un estreito carreiro, que nos introduce no souto.
Tras pasar baixo as polas dun enorme e fermoso teixo, atopamos na beira do camiño dúas carboeiras, que testemuñan os antigos usos do monte.
O camiño baixa ata unhas escaleiras de pedra, chegando á estrada PR-19-05, pola que teremos que subir uns 340 metros antes de introducirnos novamente no bosque na marxe esquerda.

Tras baixar ata o río Veiga de Logares, comezamos a remontar o río, e tras pasar dúas corripas, chegamos ás ruínas de dous antigos muíños que anteceden a unha parede de pedra, que teremos que bordear pola marxe dereita. É neste punto, no que o percorrido nos sorprende con estreitos pasos entre as rochas, que superaremos ata chegar novamente ó río.
Camiñamos paralelamente ó río, sobre o lateral dunha antiga presa que regaba as veigas, deixando o río a esquerda. O roteiro continua pola beira do río, ata atoparnos de fronte co camiño que nos leva á esquerda ó pobo e o Castro de Romeán. No pobo poderemos desfrutar de exemplos de arquitectura tradicional en perfecto estado de
conservación.
Subindo polo camiño chegaremos a San Martín de Robledo, unha fermosa aldea na que as casas adáptanse ó chan, encaixándose nas rochas. Destaca tamén a igrexa co seu rústico patio cuberto.
Atravesaremos un pequeno souto no que tras descubrir varias covas escavadas polo auga na rocha caliza na marxe dereita do camiño, chegamos novamente á estrada PR-19-04 que nos levará de volta ó punto de inicio.

Localización

Cargando...