• Hoy 18º 3
  • Domingo 16º 2
  • Lunes 11º 2

INSCRICIÓN FEIRA BUTELO 2024

O período de inscrición péchase.

Se ten dúbidas, pode contactar connosco a través do formulario de contacto.

Tamén pode escribir un correo electrónico ao enderezo de correo-e concello@afonsagrada.org.


Moitas grazas

Esta inscrición é unha solicitude provisional. Recibirá resposta dos organizadores da feira (só se o seu posto é seleccionado) confirmando o seu posto, medidas e forma de pago.

A adxudicación dos stands non é por orde de inscrición, senón por antigüidade e diversificación dos produtos para vender.

IMPORTANTE: Nesta solicitude debe indicar no apartado do STAND o número de metros cadrados que solicita (mirar prezos na nota informativa) e indicar nos COMENTARIOS que produtos desexa vender e expoñer na feira.

Solicitude provisional para optar a un posto na Feira do Butelo que se celebrará o próximo 11 e 12 de febreiro de 2023.

NOTA INFORMATIVA:

O Concello da Fonsagrada, organizador da Feira do Butelo, establece as condicións para o desenvolvemento da devandita feira. A Feira do Butelo está sometida ás condicións presentes, e aqueloutras que se poidan ditar polos órganos competentes do Concello con relación á mesma.

A competencia de organización, autorización, supervisión, control, anulación, etc., corresponde ao Concello da Fonsagrada, que as executará a través dos seus órganos.

DATAS: 11 e 12 de febreiro de 2023.

O obxecto desta nota é a regulación da venda de produtos na Feira do Butelo, os días 11 e 12 febreiro de 2023.

É responsabilidade de todos os vendedores establecidos na carpa, dispoñer dos permisos e licenzas correspondentes para levar a cabo a súa actividade.

Corresponde ao Concello, sen prexuízo das competencias doutras administracións, a ordenación e control do bo funcionamento desta feira.
O Concello non se responsabiliza dos furtos e/ou roubos.

As solicitudes, nas que constarán todos os datos e documentación solicitados, poderanse presentar dende o 3 de xaneiro ata o 31 de xaneiro de 2023, inclusive, exclusivamente a través do formulario da web do Concello:
http://www.afonsagrada.org/inscripction_ferias/new/solicitude-feira-do-butelo-2023

É requisito indispensable que os solicitantes acheguen unha dirección de correo electrónico, a través da cal se farán os comunicados por parte do Concello.

A listaxe de admitidos publicarase na web do Concello o día 2 de febreiro e enviarase un correo electrónico só aos seleccionados co comunicado.

Os postos seleccionados terán que efectuar o pago entre o venres 3 ata o xoves 9 de febreiro de 2023 ás 14:00 horas. O número de conta para facer o ingreso facilitarase no correo cando se confirme a obtención dun posto na feira. Terase que enviar o xustificante de pago por correo electrónico a administracion@afonsagrada.org. AQUELES POSTOS QUE NON TEÑAN CUMPRIDO ESTAS CONDICIÓNS NA DATA E HORA ESTABLECIDAS, QUEDARÁN EXCLUÍDOS DA PARTICIPACIÓN NO CITADO EVENTO.

A colocación do posto farase única e exclusivamente no stand da carpa rotulado co seu nome.
A montaxe poderase facer:
        Venres de 17:00 a 21:00 horas.
        Sábado de 8:00 a 10:00horas.
Deberán estar listos para a apertura da feira a partir das 10:00h.
Os postos desmontaranse entre 19:00 e as 22:00h do domingo.

Son obrigacións dos postos autorizados:
a. Abonar o prezo público pola ocupación do posto.
b. Manter aberto ao público o posto debidamente atendido e abastecido.
c. Manter o espazo ocupado limpo.
d. Vender exclusivamente os produtos sinalados na solicitude e debidamente autorizados. Calquera modificación nos mesmos sen autorización expresa do Concello pode levar consigo a expulsión da feira.
e. Someterse ás normas que poida ditar o Concello ou calquera outra autoridade por razóns de seguridade cidadá ou orde pública ou para a boa marcha da feira.

Dimensións e prezos públicos:
A) Medida: 2x2= 4m cadrados Prezo: 40€
B) Medida: 2x3=6m cadrados Prezo: 60€

Prezos estipulados segundo o punto 3 da tarifa 1ª Ocupación de Vía Pública con Mercadorías; recollida na Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa por Ocupación de Terreos de Uso Público con Mercadorías, Materiais de Construción, Entullos, Colectores, Valos, Puntais, Asnillas, Estadas e outras instalacións análogas do Concello de A Fonsagrada. Dita ordenanza foi publicada no BOP (Boletín Oficial da Provincia de Lugo), número 121, o martes 28 de maio de 2013.

Calquera dúbida ou aspecto non contemplado na presente nota será resolto polo Concello da Fonsagrada a través dos seus órganos.

O organizador resérvase o dereito da suspensión do evento.

Cargando...