• Hoxe 8º 6
  • Lunes 12º 3
  • Martes 10º 6

Saúdo do Alcalde

Estimada veciñanza e internautas en xeral, douvos a benvida a esta web do Concello da Fonsagrada, o máis extenso de Galicia.

Desde esta páxina pode dar comezo unha visita virtual para coñecer de primeira man moitos dos atractivos que oferta o noso concello.

É unha satisfacción poder abrir a todo o mundo unha ventá a través da cal a cidadanía pode ter acceso a aspectos tan importantes da Fonsagrada como a historia, o patrimonio cultural ou o Camiño Primitivo, tan vinculado á nosa historia, entre outros moitos aspectos tanto sociais como culturais.

Quero darlles as grazas de antemán pola visita virtual ao noso municipio e animarlles a vir a descubrir, dun modo máis palpable, a tranquilidade dos nosos pobos; a beleza dunha paisaxe única, confeccionada polas seimeiras, ríos e montes que caracterizan a xeografía da Galicia máis Oriental; o seu patrimonio histórico-artístico, tanto material como inmaterial, onde as músicas dos nosos artistas e a exquisita técnica dos nosos bailadores se presenta como un selo de identidade; e, por suposto, a calidez e acollida das nosas xentes. Somos un pobo de emigrantes, e iso fainos sentir noso a calquera que chegue ao noso Concello. Aquí estaredes sempre como na casa

Sen máis, despídome esperando que esta visita electrónica sexa do seu agrado, que poida resolver todas as dúbidas ou necesidades que existisen, e que se anime a, nun momento futuro, visitar o noso municipio e os seus pobos e aldeas.

Un cordial saúdo,

CARLOS LÓPEZ LÓPEZ.

Alcalde da Fonsagrada.

 

Corporación Municipal 2023-2027

PSdeG - PSOE

ALCALDE - Carlos López López - alcaldia@afonsagrada.org
José Gromaz Castro
María Gloria Pasarín Méndez
Teresa Fernández Pérez
Silbán Rodríguez Palmeiro
Oscar Fernández Ramos
Ricardo Parada Mariñas

 

PPdeG

Bernardo Xabier Niño Neira
Amelia López Niño
Yrma Fernández López

 

BNG

Rosa María Rego Murias

 

 

Cargando...