• Hoxe 7º 9
  • Domingo 8º 6
  • Lunes 10º 3

Historia

As abundantes e diversas testemuñas arqueolóxicos localizadas asa o presente nas tierras do concello dan fe dla antigüidade da ocupación da zona dende fai 30.000 anos e, tal vez, da intensidade desta temprana ocupación. Atestíguano  100 mámoas e 75 castros.

Segundo algúns autores, a historia da Fonsagrada remóntase a antes do século IV, como estación dun itinerario entre Asturias e Lugo por una vía romana, que seguia  camiños de habitantes anteriores celtas.

Castelo do Burón

A súa historia xira en torno ao Camiño Primitivo de Santiago, que entra no concello polo alto do Acebo atravesando a vila da Fonsagrada, centro da devoción e visita obrigada á capela de Santa María, onde existía un albergue e unha fuente, cuxo nome (Fontem Sacra) podería ser a orixe do topónimo de "Fonsagrada". Finalmente, a ruta sae do concello pola aldea de Paradavella. A súa ubicación na ruta xacobea fundamentou la construción dun hospital de peregrinos na aldea de Montouto a mediados do século XIV: o Real Hospital de Santiago de Montouto.

O concello da Fonsagrada, xunto co de Negueira de Muñiz, formaron parte ata 1.835 do Concello de Burón, cuxa capitalidade ostentaba a vila da Pobra de Burón, fundada en torno ao ano 1.200.

Cara a mediados do século XIV, estas terras caeron baixo o dominio dos condes de Trastámara, pasando logo a mans do conde de Altamira (cara ao año 1.480). Ao longo da historia, los buroneses libraron unha grande loita contra as cargas e tributos que debían pagar, pero os señores feudais aplacaban as revoltas irmandiñas saíendo victoriosos.

Durante o século XIX, a historia da Fonsagrada está ligada á Guerra da Independencia e as Guerras Carlistas de 1.833 e 1.847. Co trunfo do réxime liberal, as condicións de vida dos fonsagradinos non cambiaron substancialmente. A loita social a favor da redención foral foi unha constante entre as súas xentes.

Cargando...