• Hoxe 8º 6
  • Lunes 12º 3
  • Martes 10º 6

Servizos municipais

Casa do Concello da Fonsagrada

Praza do Concello, s/n - 982 34 00 00 - concello@afonsagrada.org

Horario de 8:30 a 15h, de luns a venres.

Na Casa do Concello atópanse os seguintes servizos:

Servizo Correo electrónico Máis información
Administración administracion@afonsagrada.org  
Tesourería tesoureria@afonsagrada.org  
Técnica de Emprego temprego@afonsagrada.org  
Traballadora Social tsocial@afonsagrada.org  
Aparellador urbanismo@afonsagrada.org Luns, martes e mércores
Técnico de Medio Ambiente tecnico@afonsagrada.org  
Técnica de Turismo e Cultura

turismo@afonsagrada.org
cultura@afonsagrada.org

De martes a domingo
Técnico de Deportes deportes@afonsagrada.org  
Policía Local policialocal@afonsagrada.org teléfono de urxencia: 609788366

 

Outros servizos temporais

  • Renovación do DNI. Apuntarse no  Concello. Consultar as datas no Calendario de Eventos.
  • ITV : Desprázanse varias veces ao ano tanto para turismos como para vehículos agrícolas. Infórmase dos períodos.

 

Punto de Información Catastral (PIC)

O Concello da Fonsagrada dispón dun Punto de Información Catastral, autorizado pola Dirección Xeral do Catastro, ao que poden achegarse aquela persoas interesadas en consultar toda a información personalizada sobre o Catastro. Está situado na Casa do Concello, Praza do Concello s/n, C.P. 27100, A Fonsagrada.

O horario de atención ao público do PIC é de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.

 

Servizos que ofrece o Punto de Información Catastral:

  • Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
  • Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativo aos inmobles da súa titularidade.
  • Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa á propia persoa solicitante.

Requisitos:

  • Libre acceso para a consulta e certificación de datos catastrais non protexidos que consten na Base de Datos Nacional do Catastro.
  • Ser titular catastral, representante ou persoa autorizada por el, para a consulta e certificación dos datos catastrais protexidos dos inmobles da súa titularidade.

Documentación:

  • Acreditar a identidade co Documento Nacional de Identidade.
  • Acreditación, de ser o caso, da representación ou da autorización.

 

Tratándose de datos catastrais protexidos, a normativa sobre os puntos de información catastral unicamente permite o acceso a estes servizos a quen figura inscrito no Catastro como titular catastral, seu representante ou persoa autorizada por el.

Polo tanto, a falta de coincidencia entre o NIF de quen figure como titular catastral e o da persoa solicitante, actúe por sí ou por representación, determina que non poida ser atendida a solicitude, sendo nestes casos precisa a intervención da xerencia/subxerencia do Catastro, á que a persoa interesada debe desprazarse ou ben dirixir un escrito describindo a situación particular que impide o acceso aos datos catastrais protexidos e solicitando a corrección dos datos que se consideren erróneos.

Tampouco poderán atenderse no Punto de Información Catastral as solicitudes de quen se ampare nalgún dos supostos de interese lexítimo e directo establecidos no artigo 53 do Texto Refundido da Lei do Catastro Inmobiliario.

Ligazóns de interese:

 

Casa da Cultura

Rúa Os Chaos, s/n - 982 340 245

Horario de luns a venres: 09:00 a 14:00 (mañá) e de 16:30 a 19:00 (tardes). 

Alí podemos atopar os seguintes servizos:

Biblioteca Pública Municipal biblioteca@afonsagrada.org Consulta e lectura en sala, préstamo de fondos bibliográficos (infantís, xuvenís, adultos, fondo local, prensa), orientación en necesidades informativas e documentais; actividades de animación á lectura, de lecer e socioculturais, formación de usuarios (visitas guiadas), reprografía (impresións, fotocopias, escaneados). Wifi. Expedición do DNI.
Aula CeMIT cemit.afonsagrada@xunta.gal Acceso a equipos informáticos e internet. Wifi. Apoio na realización de xestións en liña, alfabetización dixital, cursos online. Reserva da aula para cursos, xornadas e exames. Realización de probas para a obtención da Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática (COMDIX).
Oficina Municipal de Información Xuvenil omixfongrada@gmail.com

Información sobre educación, formación, tempo libre, asociacionismo, intercambios, estancias noutros países, vivenda, bolsas e emprego de interese para a xuventude.

 

Oficina de Turismo

Pechada temporalmente.

Rúa Rosalía de Castro, s/n - 982 340 504     

Horario de Martes a Sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas e os Domingos de 11:00 a 14:00 horas

 

Polideportivo

Rúa Marmoiral, s/n

 

Centro de Salud

Rúa Rois de la Peña, s/n - 982 350 005 / 982 350 006 - http://www.sergas.es


 

 

Cargando...