• Hoxe 13º 9
  • Martes 9º 6
  • Miércoles 8º 6

Apartamentos Casa Marentes


Vivenda vacacional unifamiliar na Fonsagrada. Trátase dun edificio construído de máis dun século de antigüidade, situado en pleno centro da vila, ao lado da igrexa e o albergue de peregrinos da Xunta.

O edificio conta cunha planta baixa, na que se sitúan a cociña (con neveira, vitrocerámica, microondas, lavadora e lavalouzas, entre outros electrodomésticos) e o salón, totalmente equipados de mobiliario e con aveños necesarios. Na planta alta está o salón, cunha cama de 1,50 cm e o baño. Tamén dispón dun altillo, con dous sofás-cama dunha praza, e no que se poden acomodar dúas persoas.

Dispón de wifi gratis e televisións planas tanto no salón como na habitación.

A casa, cunha ampla galería de madeira, ten unhas excelentes vistas ao casco antigo da poboación, pola que discorre o Camiño Primitivo de Santiago.
 

Cargando...