• Hoxe 16º 3
  • Lunes 13º 6
  • Martes 9º 6

Mesón Catro Ventos


A carne á brasa, a nosa especialidade

O noso interese por ofrecer o mellor servizo, obríganos a traballar con materia prima de calidade, carnes con denominación de orixe, embutidos da zona, peixes selectos e os mellores produtos que ofrece a nosa terra.

A especialidade de Mesón Catro Ventos pasa por un amplo abanico de carnes de nosa propia explotación gandeira, e outras procedentes de distribuidores de confianza que nos permiten ofrecer os mellores resultados.

Sempre puxemos especial interese en elaborar as carnes en grella de leña de carballo, que achega uns matices diferentes, elevando a temperatura e reducindo o tempo de elaboración.

Segundo a tempada dispoñemos de carnes de caza, elaboración de cogomelos, receitas con castañas, e pratos típicos como o famoso cocido da Fonsagrada.

A casa

Na nosa casa rehabilitamos unha antiga casa campesiña, adaptando os seus ocos ás necesidades do noso restaurante. Respectando a súa estrutura, conservando o abigarrado de madeira orixinal e modificando certos elementos que axudaron a mostrar mellor as bondades destas antigas construcións galegas.

A Casa, entendida como un grupo de edificios, leiras e aveños, conserva en activo unha parte dedicada a gandería e agricultura que nos permite continuar con esta actividade para ofrecer carnes e produtos da nosa crianza.

En Mesón Catro Ventos dispoñemos de tres ambientes: o café-bar (planta baixa), o comedor principal e a comedor galería (segunda planta). Tamén pode gozar de dúas terrazas exteriores.

Cos dous comedores podemos acoller ata 70 comensais. As nosas instalacións están adaptadas para o acceso a persoas con minusvalía. Xunto a Mesón Catro Ventos atopará un amplo aparcamento.

A contorna do mesón

O Mesón Catro Ventos está situado en pleno roteiro de peregrinación a Santiago na etapa Grandas de Salime - Padrón, á súa entrada en terra de Galicia polo Camiño de Santiago Interior ou " Camiño Real" ou tamén chamado "vía de Alfonso II O Casto". É un dos moitos atractivos turísticos que ofrece a zona e o concello da Fonsagrada.

A proximidade cos concellos limítrofes de Santa Eulalia de Oscos e Grandas de Salime na comunidade asturiana, fan do Mesón Catro Ventos un punto perfecto do que partir cara ás túas visitas culturais ou de lecer tanto no oriente galego como no occidente asturiano.
 

Localización

Cargando...