• Hoxe 21º 2
  • Sábado 19º 11
  • Domingo 18º 3

Actividades culturais anuais

 

ABRIL, MAIO E XUÑO 2022

O luns, 14 de marzo, abre o prazo de preinscrición na nova programación das Actividades para adultos do Concello de A Fonsagrada  ata xuño de 2022 inclusive. O prazo de preinscrición estará aberto ata o día 28 de marzo. A xestión realizarase por correo electrónico ao enderezo ActividadesFonsagrada@gmail.com. Nas actividades que haxa máis preinscricións que prazas ofertadas, o criterio de admisión fixarase segundo a orde de recepción do folleto de preinscrición, tendo preferencia as persoas censadas no Concello. A listaxe de admitidos/as publicarase o 30 de marzo na páxina web do Concello de A Fonsagrada.

Esta temporada as actividades nas que poderán inscribirse son: ioga, pilates e reforma de mobles.

  • PILATES:  No Antigo IES  dous días á semana (luns e mércores de 19:00 a 20:00 horas). As clases  impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 14 persoas.
  • IOGA: No Antigo IES  dous días á semana (luns e mércores de  20:15 a 21:15 horas). As clases  impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 14 persoas.
  • REFORMA DE MOBLES: Na Aula Verde (sábados de 10:00 a 13:00 horas). As clases  impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 10 personas. O custe trimestral do material é de 85€. O pago do material  abonarase directamente ao docente.

As tarifas para o trimestre son de 60 euros.

Preinscrición
O prazo de preinscrición é do 14 ao 28 de marzo de 2022. Realizarase unicamente a través do enderezo electrónico ActividadesFonsagrada@gmail.com.No caso dun/dunha menor que teña máis de 14 anos, terá que ter autorización asinada polos pais. 

Se existisen máis solicitudes que prazas, o criterio de admisión fixarase segundo a orde de recepción do folleto de preinscrición, tendo preferencia as persoas censadas no Concello.

Para máis información sobre estas actividades, pódese chamar aos números de teléfono 982 34 05 04 e 982 34 00 00. Outra opción é enviar un correo electrónico ao enderezo: cultura@afonsagrada.org

Método de pagamento

Unha vez publicada a listaxe de admitidos na páxina web municipal o 30 de marzo, as persoas que obtiveran praza deben facer o pagamento na entidade bancaria Abanca con data límite o 8 de abril de 2022. No concepto teñen que poñer a actividade e o seu nome e apelidos. Por exemplo: IOGA María López

 

Unha vez feita a autoliquidación non é preciso entregar o resgardo de pagamento, dado que este chega de maneira automática. Se non se realiza o pagamento no prazo establecido, a preinscrición quedará anulada.

 

Inscrición ao longo do curso
Cada mes sacarase unha listaxe coas prazas libres e estas iranse cubrindo por orde de solicitude. Neste caso, o alumnado inscrito nunha actividade poderá matricularse noutra na que quedasen prazas libres. No suposto de inscricións unha vez comezado o curso, o importe da cota será o resultante de multiplicar a tarifa mensual (incluído o mes da propia inscrición), polo número de meses que restan para rematar o trimestre.

Baixas
No caso de baixa, estas deberán tramitarse por escrito no rexistro da Casa do Concello. A cota poderá devolverse en supostos de baixa por forza maior.

Medidas de seguridade fronte a Covid-19
Cumprirase, en todo momento, coas normas hixiénico-sanitarias. Entre as que destacan: nas actividades en que se precise o uso de esteira cada usuario/a deberá levar a súa propia. Con carácter xeral non se compartirá ningún material.

O uso de máscara será obrigatorio segundo a normativa vixente en cada momento. Será obrigatorio limpar as mans cos dispensadores de xel hidroalcólico á entrada e á saída das actividades.

Non está permitido utilizar os vestiarios das instalacións deportivas e os efectos persoais só se poderán deixar nos espazos habilitados para este fin.

Non poderán acceder á actividade as persoas con síntomas compatibles coa COVID-19.

En caso de restricións de capacidade derivadas da normativa Covid-19 completarase a capacidade permitida en rigorosa orde de inscrición. Exemplo: no suposto de que nunha actividade se limite o capacidade a 10 persoas. O primeiro día de entrada en vigor da normativa os 10 primeiros inscritos da lista poderán acudir á clase e os 10 restantes acudirán na próxima clase. Devolvéndose por este motivo a parte proporcional da cota non consumida polos participantes.

Folleto de preinscrición

Listaxe de admitidos  nas actividades de Abril a Xuño 2022

Listaxe admitido/as e excluidos en Pilates

Listaxe admitidos en Ioga

Listaxe admitido/as en Reforma de Mobles

As tarifas para o trimestre son de 60 euros. O custo trimestral do material é de 85€. O pago do material abonarase directamente ao docente.

 

 

XANEIRO, FEBREIRO E MARZO 2022

O venres, 10 de decembro, abre o prazo de preinscrición na nova programación das Actividades para adultos do Concello de A Fonsagrada dende xaneiro ata xuño de 2022 inclusive. O prazo de preinscrición estará aberto ata o día 27 de decembro. A xestión realizarase por correo electrónico ao enderezo ActividadesFonsagrada@gmail.com. Nas actividades que haxa máis preinscricións que prazas ofertadas, o criterio de admisión fixarase segundo a orde de recepción do folleto de preinscrición, tendo preferencia as persoas censadas no Concello. A listaxe de admitidos/as publicarase o 29 de decembro na páxina web do Concello de A Fonsagrada.

Esta temporada as actividades nas que poderán inscribirse son: ioga, pilates, reforma de mobles, meditación e ganchillo.

  • PILATES:  No Antigo IES  dous días á semana (luns e mércores de 19:00 a 20:00 horas). As clases  impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 15 persoas.
  • IOGA:No Antigo IES  dous días á semana (luns e mércores de  20:15 a 21:15 horas). As clases  impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 15 persoas.
  • REFORMA DE MUEBLES: Na Aula Verde (sábados de 10:00 a 13:00 horas). As clases  impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 10 personas. O custe trimestral do material é de 85€. O pago do material  abonarase directamente ao docente.
  • GANCHILLO: No Antigo IES  un día á semana (martes de 17:00 a 19:00 horas). As clases  impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 15 persoas. O  custe inicial do material é de 50€. O pago do material abonarase directamente á docente.
  • MEDITACIÓN: No Antigo IES  un día á semana (xoves de 20:15 a 21:15 horas). As clases impartiranse sempre e cando xunten un número mínimo de 15 persoas.

As tarifas para o trimestre son de 60 euros.

Preinscrición
O prazo de preinscrición é do 10 ao 27 de decembro de 2021. Realizarase unicamente a través do enderezo electrónico ActividadesFonsagrada@gmail.com.No caso dun/dunha menor que teña máis de 14 anos, terá que ter autorización asinada polos pais. 

Se existisen máis solicitudes que prazas, o criterio de admisión fixarase segundo a orde de recepción do folleto de preinscrición, tendo preferencia as persoas censadas no Concello.

Para máis información sobre estas actividades, pódese chamar aos números de teléfono 982 34 05 04 e 982 34 00 00. Outra opción é enviar un correo electrónico ao enderezo: cultura@afonsagrada.org

Método de pagamento

Unha vez publicada a listaxe de admitidos na páxina web municipal o 29 de decembro, as persoas que obtiveran praza deben facer o pagamento na entidade bancaria Abanca con data límite o 8 de xaneiro de 2022. No concepto teñen que poñer a actividade e o seu nome e apelidos. Por exemplo: IOGA María López

 

Unha vez feita a autoliquidación non é preciso entregar o resgardo de pagamento, dado que este chega de maneira automática. Se non se realiza o pagamento no prazo establecido, a preinscrición quedará anulada.

 

Inscrición ao longo do curso
Cada mes sacarase unha listaxe coas prazas libres e estas iranse cubrindo por orde de solicitude. Neste caso, o alumnado inscrito nunha actividade poderá matricularse noutra na que quedasen prazas libres. No suposto de inscricións unha vez comezado o curso, o importe da cota será o resultante de multiplicar a tarifa mensual (incluído o mes da propia inscrición), polo número de meses que restan para rematar o trimestre.

Baixas
No caso de baixa, estas deberán tramitarse por escrito no rexistro da Casa do Concello. A cota poderá devolverse en supostos de baixa por forza maior.

Medidas de seguridade fronte a Covid-19
Cumprirase, en todo momento, coas normas hixiénico-sanitarias. Entre as que destacan: nas actividades en que se precise o uso de esteira cada usuario/a deberá levar a súa propia. Con carácter xeral non se compartirá ningún material.

O uso de máscara será obrigatorio segundo a normativa vixente en cada momento. Será obrigatorio limpar as mans cos dispensadores de xel hidroalcólico á entrada e á saída das actividades.

Non está permitido utilizar os vestiarios das instalacións deportivas e os efectos persoais só se poderán deixar nos espazos habilitados para este fin.

Non poderán acceder á actividade as persoas con síntomas compatibles coa COVID-19.

En caso de restricións de capacidade derivadas da normativa Covid-19 completarase a capacidade permitida en rigorosa orde de inscrición. Exemplo: no suposto de que nunha actividade se limite o capacidade a 10 persoas. O primeiro día de entrada en vigor da normativa os 10 primeiros inscritos da lista poderán acudir á clase e os 10 restantes acudirán na próxima clase. Devolvéndose por este motivo a parte proporcional da cota non consumida polos participantes.

Listaxe de admitidos nas actividades Xaneiro a Marzo 2022:

Listaxe admitido/as e excluído/as en Pilates

Listaxe admitido/as en Ioga

Listaxe admitido/as en Reforma de Mobles

Listaxe inscritos en Ganchillo Esta actividade non se realizará ao non formarse un grupo mínimo de 15 participantes.

Listaxe inscritos en Meditación Esta actividade non se realizará ao  non formarse un grupo mínimo de 15 participantes.

Cargando...